martes, 5 de julio de 2011

San Xoan, por fin!!!

Chegou o San Xoan! Si, nada máis acabar as clases chega esta festa tan especial para celebrar a noite máis longa do ano. Nós, como todos os anos, pasámolo na finca de Noa, donde sempre facemos a fogueira.

 Éramos varios:A Pandilla Basura, Elia, Estela e máis tarde viu Daiana.E para festexar máis que nunca o verán, a maior parte da tarde pasámola dentro da piscina, donde non paramos de xogar; e no trampolín, donde non paramos de saltar.
Pero o máis chulo é a noite: Os maiores tomaron sardiñas e os pequenos, como somos moi lambóns, tomamos entre todos dúas pizzas. Logo saltamos a fogueira miles de veces, pedimos desexos e queimamos o que non queríamos, a vez que nos sacaban moitas fotos. Foi chulísimo. Por último fixemos a carta ao espíritu "Sanxoaneiro", o espíritu o que a Pandilla Basura e invitados lle facemos unha carta polo día de San Xoan. Vamos a recopilar estas cartas ano tras ano para candosexamos maiores facer un libriño e recordar os anos pasados. Para finalizar algúns rapaces e rapazas quedaron a durmir.

Pola mañá do día seguinte, nada máis desaiunar, comezámola meténdonos na piscina e saltando o trampolín. Fomos a praia de Samil, onde fixemos unha aventura: Fomos nadando, intentando sortear os mexillóns, ata rochas lonxanas (si,das que teñen lapas e rascan moitísimo) ata unha final que estaba pegada as boias. Acabamos cos pés doloridos e cortes, pero gustounos moito. Cando chegamos descansamos un pouco e comemos unhas hamburguesas e nugets de polo do McDonals. Pola tarde bañámonos e bañámonos e xogamos moito. Cando volvimos a finca seguimos xogando. Bueno, que non paramos de xogar, e fixemos un san Xoan xenial.
Fomos todos moi satisfeitos a casa: Que mellor forma de empezar as vacacións que esta superfesta??? E solo é o comezo, seguro. Estas vacacións van ser exxtraordinarias....