Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 16 de mayo de 2011

Viaxe a prehistoria!!!

Meu pai levaba tempo cavilando nunha excursión para todos os pais e fillos da ANPA que estivesen animados, e o resultado foi moi confortante: O meu tío Xosé explicou e adentrou a todas as familias nun intrigante pasado cheo de lendas e sucesos fantásticos.

A ANPA fixo púbica esta andaina e moitas familias saíron da casa para vir pasar esta emocionante excursión polo Monte Vixiador, donde todos fixemos un viaxe pola historia e coñecemos moitas lendas e sucesos prehistóricos, ademais de pasar un bo rato todos xuntos. Primeiro adentrámonos no Neolítico, donde visitamos moitas mámoas, que son una construcción formada por 7 pedras e unha cubrindoas donde enterraban as persoas hai uns 6.000 anos. Logo adiantamos 2.000 anos ata a Idade de Bronce, donde descubrimos petroglifos nas rochas e incluso calcamos un entre todos ( que quedará enmarcado na ANPA) e donde meu tío nos contou a lenda da Santa Compaña. Pouco despois adentrámonos na Idade do Ferro, e chegamos ata o Castro de Negros, un pobo derruido cunhas vistas impresionantes donde nos contaron a lenda da Moura con forma de serpe, na que moitos mozos morreron intentanto desencadeala do seu feitzo, e as "camas" onde na lúa chea se tumbaban os nenos e maiores para curarse das enfermidades que ninguén daba curado.
Claro que, despois de viaxar o pasado e camiñar tanto, abríusenos o apetito, e fomos comer ao monte Vixiador. Pola tarde, os rapaces fomos o zoo, donde fixemos unha visita aos animais e xogamos no parque durante horas e horas, e nos empapamos porque este parque estaba cheo de charcos, xa que chovera antes.

Todos o pasamos xenial, pero que xenial, e sen dúbida algunha chegamos a casa cheos de cultura e cuns recordos sorprendentes dunha viaxe fermosa. Para máis información, mirade este Kizoa e visitade o blog de María donde atoparedes fermosas palabras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario